Entrada da Primeira sesión do obradoiro
"Fotos de Labañou" é un proceso participativo que quere motivar ás persoas veciñas de Labañou, San Roque, Cidade Escolar, e Os Rosais, a descubrir o pasado, presente e futuro do barrio a través de fotos faladas ou fotos en vídeo. Xorde como iniciativa da AsociaciónVeciñal Francisco Rodríguez Otero (A Coruña).
O resultado da actividade serán unha serie de vídeos realizados a
partires de fotos antigas e diversa documentación. Estes vídeos
compartiranse dende a canle de youtube da asociación.
O obradoiro ten como resultado unha playlist cos vídeos que fixeron as persoas participantes
https://www.youtube.com/watch?v=_j3sARjacV0&list=PLXAXzYxchHrdb7r7FSGixUHzWKi2DNeXX