Vanesa Castro
& Iñaki López
Investigadores, productores y agitadores culturales.
Für Alle Fälle - Para todas las ocasiones
contacto > fur@furallefalle.com

Obadoiro de vídeo en Labañou. Sesión 1.


Este obradoiro de vídeo consite en facer un vídeo coas veciñas de Labañou, A Coruña, entre todas. Son 3 sesións que sucederán entre finais de 2018 e principios do 2019.

GUIÓN
Moitas veces o noso ritmo ou estilo de vida lévanos a non saber o que acontece no noso arredor máis inmediato. Isto fai que as nosas veciñas e veciños moitas veces sexan totalmente alleos a nós e que o espazo que rodea as nosas casas sexa moitas veces inexplorado. Por iso dende a asociación de veciños propoñemos este obradoiro co obxectivo de que a propia veciñanza conte as historias do noso barrio e así axudar a que memoria do barrio quede en vídeo.
O obradoiro consistirá en facer un vídeo usando os recursos que temos na nosa casa, usando o teléfono móbil para gravar as nosas historias. O vídeo estará composto polos fragmentos que graven as participantes facendo entrevistas pola rúa e polo barrio.

A primeira sesión foi o día 13 de decembro do 2018 na sede da asociación de veciños Francisco Rodríguez Otero. Nesta sesión ensinamos conceptos básicos para guionizar e gravar un vídeo. Como gravar co móbil, calidades, trucos de estabilidade, elección da localización, planos recursos, composición, imaxen, conceptos de fotografía, etc. Toda a documentación e teoría impartida nesta primeira sesión pódese consultar NESTE DOCUMENTO.

Para a seguinte sesión as veciñas traerán as súas gravacións, en primera persoa ou entrevistando a outras veciñas. E comezaremos a aprender conceptos de edición e postprodrución, de cara a facer vídeos para publicar.






Participación no III Foro Negro



O sábado 15 de decembro de 2018 participamos no III Foro Negro no Auditorio de Galicia, Compostela. O III Foro Negro da Cultura enmárcase no proxecto  Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige 2002-2019.


O happening comezou formando un tapón e unha cola na entrada do evento. Xa na cola anunciábase mediante uns carteis en cartóns que para acceder era necesario facer unha confesión ou unha denuncia relacionada con malas prácticas culturais ou artísticas. As mensaxes dos cartóns eran tipo: Peaxe/ toll. Redimir ou morrer. Todas somos pecadoras. Non culpes ao mundo, purifícate!




Soaba un teclado ambiental tipo eclesiástico, e as persoas eran recibidas por unha farandula pianista que é a que lles daba acceso aos confesionarios. Había dous confesionarios, cada un coa correspondente farandula, ambientados tipo salita de estar, con sofá, luz de lámpada e mesiña con revistas de todo tipo. Entre os dous confesionarios había unha pota con auga fervendo e eucalipto, que desprendía un vapor aromático pola sala.



As asistentes realizaron as súas confesións e/ou denuncias que foron gravadas en audio.
Recibiron unha pinga de aceite de eucalipto como "extrema unción" ou acreditación ao evento.
Unha vez finalizadas as confesións xuntamos todos os audios e procesámolos, de tal forma que non se recoñecen as voces das participantes. O resultado é un mp3 de 45 minutos aproximadamente con todas as testemuñas. Este mp3 foi compartido no grupo de whatsapp do evento. E escoitámolo todas xuntas no evento foro da tarde.



AQUI  podes ver a publicación de Horacio González Diéguez e acceder ao AUDIO publicado.