Vanesa Castro
& Iñaki López
Investigadores, productores y agitadores culturales.
Für Alle Fälle - Para todas las ocasiones
contacto > fur@furallefalle.com

Nodo de iniciativas galegas #decrece2016
















O nodo de iniciativas galegas é unha actividade enmarcada dentro do Encuentro Transición Decrecimiento 2016 que se celebrará en Betanzos durante o 29, 30 e 31 de Outubro.
Toda a info e inscripciones en https://transiciondecrecimiento2016.wordpress.com/

Este nodo ou grupo de traballo pretende agrupar a persoas de iniciativas galegas relacionadas coa transición e o decrecemento no máis amplio sentido. Os obxectivos son: Coñecerse e situarse. Compartir coñecemento e experiencias, problemas e solucións, fracasos e éxitos. E reforzar e tecer redes de iniciativas.

As dinámicas que queremos implementar son:
1) Presentación e mapeo de iniciativas locais.
Cada participante presentarase (éxitos e fracasos) e se mapeará dicindo que "Sabe facer / Quere aprender."
2) Problemas e solucións. Dinámica na que xogaremos a atopar problemas ou preocupacións comúns e as súas posibles solucións.
3) Activar un posible banco de tempo, posibles colaboracións e proxectos en rede. Activar calendarios de actividades para inverno.
4) Presentación de resultados ao resto de participantes do encontro. (10 minutos)
Temos que montalo entre todas!
Confirma a tua asistencia e aporta cousas.


No hay comentarios: